A zona dos muíños de Ponte Goiáns vítima novamente dos vertidos

    BOIRO> O Partido Socialista de Boiro denuncia, novamente, a aparición de augas fecais neste punto. Cualifican de irresponsable a actitude do goberno local por non executar de inmediato obras de adecuación.

    Na xornada de onte, novos vertidos alcanzaron o caudal do río Coroño, nas inmediacións dos Muíños de Ponte Goiáns. O Partido Socialista de Boiro venlle reclamando ó goberno local, dende hai tempo, que actúe con celeridade para poñer fin a esta problemática que tanto molesta ós veciños. Critican que o goberno, encabezado por Xoán Xosé Dieste, só invista en obras que sexan visibles e non nas realmente necesarias, como as cuestións medioambientais. Manuel Maneiro, alcaldable socialista do municipio, lamenta que a actual situación desta paraxe boirense non permita pasear, comer ou gozar ós veciños e turistas que alí se acheguen. Recalca Maneiro que estas augas fecais van parar ó estuario e prexudican notablemente a todas as familias que viven do mar, polo que insta ó alcalde a abandonar a actual postura e actuar de inmediato para erradicar o problema.