Muros dispón dun novo vehículo para tarefas de conservación ambiental

MUROS> O concello de Muros dispón dun novo vehículo todoterreo para a brigada de Obras. A adquisición deste equipamento foi posible grazas a unha axuda de máis de 50 mil euros do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, desprazouse esta mañá ata Muros para facer entrega ó concello dun vehículo destinado a tarefas de conservación medioambiental e recuperación da biodiversidade.

A adquisición deste vehículo, cun importe de 55 mil euros, enmárcase nas axudas do Fondo de Compensación Ambiental e suporán unha importante mellora nas condicións de traballo da brigada de obras así como un importante aforro para o concello que ata o momento dispoñía dun vehículo similar en réxime de alugueiro.

A directora xeral anunciou que o próximo ano Vicepresidencia volverá convocar unha liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental dotada tamén con 12,5 millóns. Publicarase no DOG a mediados do mes de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí