O curso de Composición e Combo comeza a soar

    RIBEIRA> Impartirase durante dous meses no Local de Ensaio do municipio. Víctor Álvarez é o encargado de impartilo.

    O Local de Ensaio de Ribeira acolleu a primeira das clases do Curso de Composición e Combo, que servirá de preparativo á Escola de Rock e Música Popular que dará comezo no outono. A cita inaugural serviu para conversar sobre a mecánica do curso pero tamén houbo tempo para a música, xa que os participantes puideron comezar a tocar as guitarras e o resto dos equipos da instalación municipal. Nesta acción formativa, organizada conxuntamente polo Concello e La Casita Records, haberá clases teóricas e prácticas durante tres días da semana. Polo momento hai unha decena de participantes, pero aínda quedan vacantes para aqueles que se queiran sumar. Cabe lembrar que o curso é totalmente gratuíto.

    Máis información no email: xuventude@riveira.com e no teléfono: 981 835 289.