A andaina da Festa do Tinto do Salnés recadará fondos para Esperanza Salnés

RIBADUMIA> A dose deportiva e solidaria da Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia chegará coa súa andaina. Para inscribirse, os participantes deberán achegar a vontade e o recadado destinarase a Esperanza Salnés. A cita será o día 2 de xuño.

Por cuarto ano consecutivo, a Andaina da Festa do Tinto porá a nota solidaria á Festa do Viño Tinto do Salnés, de Ribadumia. A inscrición é a vontade do que quera achegar cada participante, e o recadado destinarase a Esperanza Salnés.

Dende Esperanza Salnés agradeceron á organización da andaina que pensaran neles para esta cita solidaria. A asociación atende e axuda a persoas con discapacidades en Cambados e en toda a comarca, e recordaron que con frecuencia pasan por momentos económicos complicados.

O cita será o 2 de xuño, con saída ás 10 e media da mañá da rotonda dos Castaños. Tras completar un percorrido de 12 quilómetros, chegarase ata o stands da Festa do Viño Tinto.