Rianxo contará cunha Base da Unidade Operativa contra incendios de Medio Rural

RIANXO> O alcalde, Adolfo Muíños, anunciou este acordo para a cesión á Xunta de Galicia dunha parcela de titularidade municipal no parque empresarial, cunha superficie de seis mil metros cadrados, para instalar nela unha Base de Unidade Operativa contra incendios.

Segundo explicou o rexedor, a cesión dos terreos deberá ser ratificada no vindeiro pleno municipal.

Muíños destacou a importancia desta nova, que permitirá mellorar a loita contra contra os incendios forestais, cun servizo esencial de vocación comarcal, que beneficiará non só a Rianxo, senón tamén a concellos veciños.

A localización privilexiada do polígono rianxeiro, a carón da autovía da Barbanza, foi tamén unha das principais razón desta escolla, xa que dende a parcela pode divisarse toda a contorna e encamiñar así os operativos terrestres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí