O Campionato de Galicia de BTT Maratón, próxima cita dos amantes do ciclismo

PONTEVEDRA> Despois das últimas citas para os afeccionados ao ciclismo que se celebraron na comarca do Salnés, este deporte ten a súa vindeira cita en Cotobade. O concello acollerá o vindeiro domingo 29 de xuño o Campionato de Galicia de BTT Maratón.

 

A proba espera reunir a practicamente todo o pelotón galego desta modalidade, que percorrerá un trazado de 60 quilómetros polos montes de Cotobade e con saída en Carballedo. O Campionato está aberto a todas as categorías, abranguendo dende a idade xuvenil ata a Máster 60, de aí que a organización agarda que sexa un éxito de convocatoria, acadando os 120 ciclistas participantes.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/btt_maraton.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/btt_maraton.mp4{/flowplayer}