RIBEIRA> Ribeira acollerá este sábado unha nova edición da campaña Tendas á Rúa. Con esta iniciativa, a asociación de empresarios busca incentivar ás vendas ofrecendo descontos adicionais durante a tempada de rebaixas.
A praza do concello de Ribeira converterase este sábado nun centro comercial aberto cun total de 19 tendas. Estarán abertas en horario de dez e media a tres e ofrecerán descontos a maiores dos xa aplicados na tempada de rebaixas.
A iniciativa, impulsado pola asociación de empresarios, conta coa colaboración do concello que aposta por este tipo de accións dinamizadoras non só do comercio senón tamén da hostalería.
Nesta liña, o concello seguirá a colaborar coa patronal a través doutras liñas de subvenciós e unha axuda directa para a próxima celebración da Feira de Peixe.