Denuncia no xulgado e petición de dimisión do alcalde

    BOIRO> Os socialistas volven a denunciar un novo vertido contaminante procedente da rede do saneamento municipal xunto á praia de Cariño. Fartos de denunciar os continuos vertidos que se producen na localidade a consecuencia de fallos na rede de saneamento municipal, os membros do PSOE de Boiro decidiron levar ós xulgados este problema, e presentar unha denuncia contra o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, ó que acusan de deixadez de funcións. A última denuncia garda relación cun vertido que se repite xa no tempo na praia de Cariño, que é altamente contaminante, do que tamén se puxo en coñecemento do SEPRONA. Os socialistas piden ademais que se realice unha modificación orzamentaria nos presupostos de cara a buscarlle unha solución a este problema, que supón un grave prexuízo, non só para os centos de familias que viven da pesca e o marisqueo, senón tamén para o turismo.