VILAGARCIA> Vilagarcía porase ao nivel de Budapest, Sofía e Viena coa celebración do festival de música clásica New Millennium. A capital do Salnés contará co catro concertos do 5 ao 7 de abril no que actuarán artista de primeiro nivel como a directora artística do festival Miranda Liu. Os concertos son gratuítos agás os do día 6, que terá un custo de 26 euros para aquelas persoas que non sexa socias da sociedade filharmónica de Vilagarcía.
Vilagarcía porase este ano no primeiro nivel da música clásica coa organización do New Millenium international chamber music festival. A vila será a sede oficial en España dun evento que se celebrará noutras cidades do mundo.
O festival desenvolverase do 5 ao 7 de abril. Estará composto por catro concertos que terán lugar no auditorio, no salón García, no Pazo de Rubiáns e no Pazo do Castriño. Por Vilagarcía pasarán artistas de primeiro nivel como a directora artística do evento, Miranda Liu.
O cartel complétase con dous artistas galegos como son Inés Picado e Darío Mariño. A eles hai que sumar o talento dunha selección de diferentes alumnos dos conservatorios da contorna. E que o New Millennium tamén ten unha vertente formativa.
Os concertos serán gratuítos agás o do Pazo de Rubiáns, que terá un custo de 26 euros, e o último no Pazo do Castriño, que será exclusivamente para socios da Sociedade filharmónica de Vilagarcía. A sociedade ten aberta as inscricións para todos aqueles interesados en unirse á asociación.