O Salón do Libro homenaxeará a Helena Villar Janeiro e a Kiko da Silva

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou hoxe o nome dos dous autores que serán homenaxeados no vindeiro Salón do Libro. Como novidade, a organización decidiu poñer en valor o traballo dos escritores e dos ilustradores. Por iso, esta edición irá dirixida á escritora Helena Villar Janeiro e ao ilustrador Kiko da Silva.

Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva. Eles serán os dous homenaxeados na vindeira edición do Salón do Libro. Esta escritora, que naceu en Becerrá hai 79 anos, dedicou a súa vida ás letras. Docente de profesión, poeta, narradora, articulista e, dende 2017, membro da Real Academia Galega. Comezou a escribir literatura infantil polos seus fillos pero rapidamente quedou namorada deste xénero.

Nesta edición, a organización do Salón do Libro quere poñer en valor tamén o traballo dos ilustradores. E quen mellor que el para recibir esta homenaxe. Director e fundador da escola “O Garaxe Hermético” e impulsor de revistas como “Retranca” ou “B de Banda”.

Kiko da Silva quixo aproveitar esta rolda de prensa para reivindicar o papel dos autores na industria editorial.

Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva serán homenaxeados na vindeira edición do Salón do Libro. Unha edición que se desenvolverá entre o 6 e o 27 de marzo e que contará con Italia como país convidado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí