Cambados acolle esta fin de semana a XIII Exaltación da Vieira

    CAMBADOS> A vieira será a protagonista desta fin de semana en Cambados co gallo da celebración da décimo terceira exaltación deste bivalvo. A novidade deste ano virá no xeito de preparala: no canto do cátering habitual serán tres cociñeiros locais os que a preparen de seis formas diferentes pero igualmente saborosas.

    Exaltar a vieira e as súas virtudes como un producto de seu. Este é o obxectivo que persegue o Concello de Cambados esta fin de semana ca celebración da décimo terceira Festa da Vieira. Unha festa de interese turístico de Galicia que xira en torno á degustación deste excelso producto da Arousa. A novidade desta edición é quen prepara o producto: no canto da empresa de catering habitual serán tres reputados cociñeiros de Cambados os que se encarguen de cociñar. O Restaurante Ribadomar preparará empanada de vieiras e vieiras ó forno; o Pandemonium presentará un guiso mariñeiro de vieiras e un arroz seco de vieiras e verduras; e a Taberna do Trasno ofrece ensalada de vieiras e vieiras gratinadas con quixo de Arzúa. O seu custe está pensando para que ninguén se quede sen probar a vieira de Cambados. A carpa estará aberta o venres, sábado e domingo, de 12 da mañá a 12 da noite, salvo un descanso de 5 a 8 do serán. Amais da propia degustación gastronómica, haberá exhibicións e torneos deportivos e actuacións musicais; como a do Septeto Naborí de Cuba, o sábado á noite na Praza do Concello; ou a Banda de Música de Peñafiel, de Valladolid, o domingo nesta mesma praza do Concello. Amais, Guimatur organiza tres rutas guiadas durante a fin de semana, co fin de que os visitantes coñezan máis polo miúdo a riveira de Cambados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/16/vieira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/16/ptac_festa_vieira_160714.mp4{/flowplayer}