A Xunta inviste uns 22.500 euros en melloras na gardería de Meis

    MEIS> Melloras exteriores e novo equipamentos. Con todas estas novidades comezará o curso que ven a gardería de Meis. Uns cambios financiados pola Xunta de Galicia. A gardería de Meis recibiu este martes a visita do delegado da Xunta na provincia de Pontevedra. Unha visita que organizou o alcalde da vila, para que Cores Tourís puidese comprobar as melloras que se realizaron no centro cunha achega da Xunta de Galicia. Uns 22.000 euros que aportou a administración autonómica para a instalación de novos xogos infantís e a mellora do patio principal. Estes investimentos melloran a escola infantil de Meis, que na actualidade atende a uns 39 cativos.