Rueda estréase como presidente da Xunta en Pontevedra cunha visita á escola infantil de Campolongo

PONTEVEDRA> Alfonso Rueda estreouse hoxe como presidente da Xunta en Pontevedra. A escola infantil de Campolongo foi o escenario escollido para esta primeira visita, que aproveitou para recordar unha das medidas que implantará o goberno autonómico o vindeiro curso: a gratuidade de toda a educación infantil. Segundo Rueda, o aforro para as familias será de entre 1.500 e 2.000 euros por cativo.

A escola infantil de Campolongo foi o escenario da primeira visita oficial a Pontevedra de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. O mandatario recordou unha das medidas que entrará en vigor o vindeiro curso: a gratuidade de toda a educación infantil.

A medida afectara a todo tipo de centros, sexan públicos, privados, de xestión municipal ou de inciativa social. Facendo de Galicia a primeira autonomía na que a educación infantil será totalmente gratuíta en todos os centros.

Rueda apuntou que hoxe se publicaron as listaxes de admisión das 174 escolas infantís de Galicia. Para o curso que vén foron admitidos uns 8.000 nenos, o 87% de todas as peticións. As matrículas terán que formalizarse entre o 1 e o 10 de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí