Éxito de público na estrea da XIII Festa da Vieira

    CAMBADOS> Éxito de afluencia na apertura da carpa da Festa da Vieira en Cambados, coincidindo ca celebración da festa da patroa Santa Mariña. O público non se fixo de rogar para probar este producto da Arousa de primeira calidade servido pola empresa local Porto de Cambados.

    Comeza a décimo terceira edición da Exaltación da Vieira de Cambados e faino cunha moi boa acollida do público. A penas levaba uns minutos aberta a carpa de degustación e xa eran moitos os que se apuraban a comprar os tiquets deste producto da Arousa preparado de seis xeitos diferentes da man de tres restaurantes da zona: o Restaurante Ribadomar prepara empanada de vieiras e vieiras ó forno; o Pandemonium presenta un guiso mariñeiro de vieiras e un arroz seco de vieiras e verduras; e a Taberna do Trasno ofrece ensalada de vieiras e vieiras gratinadas con queixo de Arzúa. As primeiras críticas non puideron ser mellores. E é que esta festa gastronómica é unha forma máis de promocionar este producto do mar característico da tamén vila do Albariño. Festas coma este serven non só para atraer visitantes e dinamizar a economía local, senón para por en valor os productos autóctonos. Os que xa a probaron animan a todo o mundo a que veñan a Cambados esta fin de semana. A carpa estará aberta tamén durante o sábado e o domingo, de 12 da mañá a 12 da noite, salvo un descanso de 5 a 8 do serán. Amais da propia degustación gastronómica, haberá exhibicións e torneos deportivos e actuacións musicais; como a do Septeto Naborí de Cuba, o sábado á noite na Praza do Concello; ou a Banda de Música de Peñafiel, de Valladolid, o domingo nesta mesma praza do Concello. En caso de que chova, o son cubano deixarase oír no Salón José Peña, sendo a actuación da Banda musical no Auditorio da Xuventude.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/vieira_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/repor_festa_vieira.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí