“¿Conversamos con un viño?” unha nova iniciativa coa que pasar un bo rato

    SANXENXO> “Conversamos un viño” así se chama unha nova experiencia gastronómica, ca que se pretende transmitir o bo da gastronomía galega a través dos cinco sentidos. Unhas experiencias gourmet deseñadas a medida para cada grupo de persoas que desexen un plan diferente nun entorno privilexiado. Pero se queren saber máis, non teñen máis que esperar a que llelo amosemos, porque nesta ocasión tocoulle a quenda as augas sanxenxinas… As Rías Baixas son en sí mismas un dos mellores reclamos turísticos de Galicia. Imaxinen vostedes que facemos un percorrido nunha embarcación de luxo pola Ría de Pontevedra, por exemplo, ca que faremos pequenas paradas de navegación en diferentes sitios estratéxicos. Estamos a falarlles dunhas experiencias diferentes pero nas que o entorno non participa só, senón que a gastronomía e o viño, tamén teñen algo que dicir. Ademais esta iniciativa permite a posibilidade de ser personalizada ao gusto do consumidor. “Conversamos un viño” presentase como unha excelente actividade para todos aqueles que busquen algo máis que investir o seu tempo de ocio, senón que esta iniciativa pretende ser unha experiencia en si mesma. Estará dispoñible durante todo o ano e poderá contratarse mediante contacto directo cos seus creadores Oscar de Toro e Isabel Sánchez ou tamén a través dunha empresa de viaxes. En todo caso recorden o seu nome, “Conversamos un viño”, porque a bo seguro dará moito que falar nos vindeiros meses.