NOIA> As festas de San Bartolomeu arrancaron forte en Noia. O venres tivo lugar un dos pratos fortes do programa. A cantante Soraya ofreceu hora e media de concerto na que soaron os temas máis destacados dos seus dez anos de carreira. O público entregouse ó baile tanto no concerto como na verbena amenizada pola orquestra Pontevedra. Os festexos seguirán ata metade de semana con obradoiros e inchables para nenos, exposicións e monólogos. O martes pola noite terá lugar unha das actuacións máis agardadas. A orquestra París de Noia amenizará a verbena a partir das dez e media na alameda mentres que na praza do Tapal, Leilía ofrecerá un concerto. O mércores, día grande, terá lugar a misa e a procesión a partir das sete da tarde. A medianoite, o espectáculo pirotécnico no peirao do Marqués pechará o programa festivo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia