A mancomunidade Barbanza Arousa estrea a venda cruzada

BARBANZA> A mancomunidade Barbanza Arousa pásase á venda cruzada. Así pon a disposición dos empresarios turísticos da zona unha plataforma de comercialización dos seus produtos. Será a través da web barbanzaarousa.gal.

A situación actual derivada da crise da covid, na que moitas empresas do sector turístico da comarca están a pasar por un mal momento, foi unha das principais razóns que levou á mancomunidade de municipios Barbanza-Arousa a apostar por esta plataforma de venda cruzada. Unha novidosa estratexia de comercialización que ten coma principal finalidade incrementar as vendas. Aquelas empresas turísticas que o desexen terán nesta plataforma, a que se accede a través da propia web da entidade barbanzaarousa.gal, un escaparate dos seus produtos e servizos, pero tamén o doutras que ofrecen prestacións  complementarias.

Dende Barbanza Arousa animan ás empresas da comarca a que se unan a esta iniciativa de comercialización e de cooperación conxunta para mostrar así os verdadeiros atractivos desta zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí