Ribeira achegará o Nadal a tódalas parroquias

RIBEIRA> Ribeira achegará o Nadal a tódalas parroquias cun extenso programa de actividades. A música e os espectáculos infantís cobrarán especial protagonismo nesta oferta de lecer para tódolos públicos.

Mañá mesmo arranca a programación de Nadal de Ribeira cunha ampla oferta de actividades para tódolos públicos. O festival das amas de casa en beneficio de Cáritas será o punto de partida dun programa no que a música cobrará especial protagonismo.

Os nenos poderán gozar de contacontos, obradoiros e diversos actividades na carpa Enreda no Nadal situada no Espazo de Usos múltiples así como numerosos espectáculos infantís durante tódalas festas. Non fallará tampouco o expreso máxico de Oriente recollendo as rúas do municipio os días 24 e 31.

A praza da Porta do Sol acollerá o recuncho de Nadal coas visitas do Apalpador, Papá Noel e o carteiro real. A mocidade contará tamén cunha ampla oferta de lecer composta polas actuacións enmarcadas nas Rúas Musicais ou a festa de Noitevella a partir da unha da madrugada na praza de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí