A Feira Ecological esperta o interese de veciños e visitantes

    CAMBADOS> Cambados acolle desde hoxe a Ecological, unha feira de productos orgánicos nos que puidemos ver unha chea de novidades. Está instalada no Paseo da Calzada, aproveitando as casetas que quedaron da Festa do Albariño.

    Cada día son máis as persoas que prefiren investir en calidade á hora de alimentarse, escollendo para iso os coñecidos como productos orgánicos. E precisamente estes productos naturais son os protagonistas da Feira Ecological que ven de inaugurarse en Cambados. Desde hoxe e ata o domingo no Paseo da Calzada poderemos ver, probar e mercar estes alimentos de alta calidade e cultivo ecolóxico. Se a semana pasada Cambados foi a capital da degustación do Albariño, esta pretende ser doutros moitos productos naturais chegados de toda España. Entre os stands puidemos encontrar productos ben curiosos e sobre todo saborosos: como xeado de mojito, snaks de tomate ou piña ou arroz con estrugas, entre outras cousas. Estes 42 stands permanecerán abertos ata o domingo en horario de once da mañá a dez da noite cun pequeno descanso a media tarde.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/07/ecological.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/07/feira_ecological_cambados.mp4{/flowplayer}