Desartellado un punto de venda de droga en Ribeira

    RIBEIRA> A Policía Nacional informou da desarticulación dun importante punto de venda de drogas. As investigacións levadas a cabo por funcionarios da comisaría ribeirense deron coma resultado a detención dun individuo, veciño da localidade, de 45 anos. O arresto producíase nas inmediacións da nova lonxa. Os axentes lograron intervirlle un total de seis envoltorios de heroína, cinco de cocaína, un teléfono móbil e diverso diñeiro en efectivo. Segundo informaron fontes da propia comisaría, o detido, ó que xa lle consta unha detención anterior por este mesmo motivo, aproveitaba a súa afección á pesca, para establecer contactos con posibles clientes e venderlles as distintas substancias. Esta mañá pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número Tres de Ribeira.