120 mozos gozan do verán no albergue das Sinas

    VILANOVA> Ata 600 mozos de toda España de entre 13 e 17 anos pasarán este verán polo albegue Xuvenil das Sinas. Estano a facer por quendas de 120, as prazas coas que contan estas instalacións situadas en plena Ría de Arousa e que favorecen o desenvolvemento de actividades náuticas. Vela, táboa, piragüismo ou kaiak son algúns dos deportes que os participantes poden experimentar á vez que se educan en valores como o respecto ó mar e a preservación do medio natural. O albergue conta con espazos totalmente adaptados e habilitados para a comodidade dos mozos. Desde o pavillón, accesible para persoas con mobilidade reducida, ata a aula de informática. O obxectivo é que todo o mundo poida desfrutar en igualdade de condicións das súas vacacións. Ademais de contar cunha aula de informática, ten un pavillón adaptado para persoas con problemas de mobilidade, polo que calquera persoa pode pasar as vacacións neste centro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/reportaxexuventude.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/reportaxe_Albergue_As_Sinas.mp4{/flowplayer}