O executivo boirense acomete a renovación de servizos no Rueiro

    BOIRO> A actuación, cun custe próximo ós 90 mil euros, está incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. O goberno local que preside Xoán Xosé Dieste, coa finalidade de mellorar o estado da rede de saneamento e abastecemento de auga na zona do Rueiro, en Escarabote, xa moi antigas, iniciou hai varias semanas as obras de renovación destes dous servizos. Dende o concello destacaron a importancia das obras xa que se trata dunha das principais arterias comerciais deste núcleo boirense. A actuación conta cun presuposto próximo ós 90 mil euros, que irán con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.