Unha noiesa é imputada por un presunto roubo de xoias

    NOIA> A Garda Civil de Noia informou hoxe da imputación, a unha veciña da localidade de 45 anos, por un suposto delito de furto de de xoias valoradas nuns sete mil euros. Segundo fontes do Instituto Armado, os feitos aconteceron durante os últimos dous anos, na vivenda onde a agora imputada, realizaba labores como asistenta do fogar. A denuncia foi tramitada no propio cuartel noiés e a imputada xa pasou a disposición da autoridade xudicial.