Néstor Rego demanda na lonxa do Freixo un Plan de Saneamento para a ría de Muros-Noia

OUTES> O candidato do BNG ó Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, visitou esta mañá a lonxa do Freixo. Alí reivindicou a necesidade de acometer con urxencia un Plan de Saneamento da ría de Muros-Noia, da que dependen directa ou indirectamente boa parte dos veciños desta comarca. Será un tema que os nacionalistas pretenden defender en Madrid, se conseguen os apoios necesarios nestas próximas eleccións xerais.

Acompañado de representantes da formación nacionalista a nivel local e comarcal, o candidato do BNG ó Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, quixo coñecer de primeira man a situación da produción marisqueira da ría de Muros-Noia e trasladar as propostas que levarán ó Congreso de acadar representación nos próximas eleccións xerais. Un dos temas nos que incidiu foi a necesidade de acometer con urxencia un Plan de Saneamento da Ría.

Rego tamén falou da necesidade de revalorizar a profesión do marisqueo, a través dun recoñecemento, por exemplo, das enfermidades laborais vinculadas a esta actividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí