VALGA> O tecido empresarial de Valga deuse hoxe cita no seu habitual xantar de traballo. Un encontro ao que asistiron o alcalde do municipio e tamén a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade. María Jesús Lorenzana aproveitou a ocasión para poñer en valor valor a aposta polo emprego das firmas radicadas na zona. Tamén para animar a traballar na empregabilidade de persoas con especiais dificultades de inserción laboral.
Coincidindo coa festividade de San Blas, Valga reúne ao seu tecido empresarial. Foi, como xa é tradición, no xantar de traballo no que, ademais de empresarios asentados no municipio, participaron o alcalde da localidade e a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade. María Jesús Lorenzana resaltou que resaltou que Galicia quere conseguir persoal cualificado que poida dar resposta ás necesidades das empresas.
Ademáis da Consellería de Promoción do Emprego, tamén estivo presente outro departamento do goberno galego, a través da Secretaria Xeral de Industria. Paula Uría salienta que a clave destes encontros é escoitar ao empresariado, porque son eles os que coñecen mellor ca ninguén as necesidades do sector.
No encontro tamén participou o alcalde de Valga. Bello Maneiro agradeceu que a Conselleira atendese in situ as inquedanzas do empreriado. Algo que xa se vén facendo en Valga dende hai anos, da man deste tipo de encontros.
O encontro, ao que asistiron máis dunha vintena de empresarios, tivo lugar nun coñecido restaurante de Campaña.