Un curmán de Sito Miñanco entre os 18 detinos nun novo golpe ao narcotráfico

CAMBADOS> Un curmán de Sito Miñanco entre os detidos nun novo golpe contra a loxística do narcotráfico. A operación que se levou a cabo en diferentes comunidades autónomas saldouse con 18 detidos, 12 deles galegos, a maioría da Ría de Arousa. No Salnés, houbo numerosos rexistros en Cambados, Ribadumia, Vilanova e a Illa de Arousa.

As forzas de seguridade volveron a asentar un novo golpe ao narcotráfico. Esta madruga os axentes dos grupos ECO y EDOA de drogas da Garda Civil, así como do Greco da Policía Nacional e do DAVA da Vixilancia Aduaneira levaron a cabo unha operación contra a loxística do narcotráfico. O operativo desenvolveuse principalmente en Galicia pero tamén noutras comunidades como Cataluña, Castela e León e Valencia e tamén no país veciño de Portugal.

En Galicia os principais rexistros centráronse na Ría de Arousa: 9 rexistros tiveron lugar en Cambado, 5 en Vilagarcía e un en Ribeira. A operación saldouse con 18 detidos, dos cales 12 son galegos, a maioría da comarca do Salnés. Entre eles atópase un dos curmáns do narcotraficante Sito Miñanco, que foi detido no seu domicilio de Cambados.

Ademais das vivendas, os rexistros tamén se levaron a cabo en naves e talleres, xa que o principal obxectivo desta operación era a loxística do narcotráfico. Ao parecer, estes puntos eran utilizados para fabricar palneadoras e neles os axentes incautaron motores en embarcacións.

No caso de Galicia, a operación está coordinada polo xulgado de instrución número de 4 de Cambados. Os detidos serán trasladados ás dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí