Adornos de Nadal por doces artesáns: o irresistible intercambio que propón La Artesa

PONTEVEDRA> Máis aló das luces e a decoración instaladas polo concello de Pontevedra, cada ano son máis os establecementos da vila que se animan a levar o Nadal a cada curruncho da cidade. La Artesa, na rúa Don Gonzalo, faino dende hai xa 5 anos. A súa iniciativa é sinxela e ben atractiva: regalan galletas e chocolate a todo aquel que lles entregue un elemento de decoración de Nadal.

Neste local de La Artesa, na rúa Don Gonzalo de Pontevedra, unha figura de Playmobil intercámbiase por este chocolate para facer á taza. É unha iniciativa posta en marcha polas súas propietarias.

Con eles, están a decorar de Nadal o seu escaparate. Unha proposta orixinal á que se suman moitos clientes.

Estas figuras poden entregarse ata antes do Nadal. Pero non é a única actividade de, digamos, decoración colaborativa posta en marcha en La Artesa. A semana pasada o que recollían eran adornos. Desta volta, a cambio de galletas.

Estes adornos non son cousa dun ano. Ao seguinte, cando toca volver decorar, La Artesa incorpora todos estes elementos. Unha iniciativa que xa se ten convertido nunha tradición.

Así que recorden. Se teñen figuras de Playmobil na casa poden intercambialas en La Artesa por un chocolate para facer á taza. Sen dúbida, un bo trato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí