Silva pídelle a Feijóo que axilice a tramitación dos ERTE

PONTEVEDRA> A presidenta da Deputación de Pontevedra envíalle unha carta a Feijóo esixíndolle que a Xunta axilice a tramitación dos ERTE. Carmela Silva indica que se a administración autonómica non está a cumpri-los prazos, o que debera facer é contratar máis persoal para resolver esta situación.

A presidenta da Deputación de Pontevedra pídelle ó da Xunta que a administración autonómica axilice a tramitación dos ERTE derivados da crise do coronavirus. A través dunha carta remitira ó xefe do executivo galego, Carmela Silva reclámalle a Feijóo que revogue a orde da Xunta que duplica o tempo necesario (de 5 a 10 días) para resolver e notifica-los procedementos.

Silva remitiulle unha segunda carta a Núñez Feijóo, suxeríndolle que convoque ás catro deputacións galegas para que aporten ideas para loitar contra a pandemia. Sobre o reparto de máscaras, a presidenta provincial anunciou  que a Deputación se vai facer con 150.000 máscaras para cubrir as necesidades de todos os traballadores da Deputación. Sobre o reparto entre a poboación en xeral, di que a Xunta é a única administración competente.

A presidenta provincial lembrou tamén que nas últimas semanas a Deputación xa tomou medidas de apoio ós concellos e á cidadania.

Avanzou tamén que o vindeiro venres vaise celebra-lo primeiro pleno provincial dende o comezo do estado de alarma. Unha sesión que será telemática.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí