Todo a punto para o arranque de Artemar

    RIBEIRA> O concello de Ribeira ultima os preparativos da III edición da feira artesanal e mariñeira Artemar. Durante catro xornadas, o mar será protagonista no municipio. Haberá concurso de ambientación de escaparates, de decoración hostaleira e ruta de tapas. Os stands poderemos atopalos ó longo do Malecón e polas principais rúas peonís. Para amenizar a estancia haberá música e diversas actividades rueiras. Este ano cobra especial importancia a sección gastronómica, Gustando do Mar, que estará situada na praza de España. Nela haberá obradoiros de cociña para nenos, degustacións e showcookings. O pistoletazo de saída será mañá, ás 9 da noite, co pregón do artista local Manuel Ayaso.