A Pobra vivirá un samaín terrorífico

A POBRA> A Pobra vivirá un Samaín terrorífico. A festa de neón ou os xardíns terroríficos ambientados na santa Compaña son algunhas das propostas do programa que contará tamén coa animación musical do DJ Maik Style.

A concellería de cultura da Pobra afánase por manter viva unha das tradicións máis arraigadas en Galicia coa celebración de diversos actos polo Samaín.

Este venres terán lugar as primeiras actividade cunha festa do terror, un obradoiro de pintura de neón e unha sesión DJ. Retomarase o programa o martes 31.

Tódalas actividades son de balde e abertas á veciñanza aínda que e preciso inscribirse previamente a través da web do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí