POIO> Máis de 150 novas prazas de aparcadoiro xa están dispoñibles na antiga finca de CocaCola, no concello de Poio. O goberno local habilitou esta parcela de máis de 6.000 metros cadrados na rúa Valiña para o seu uso como aparcadoiro gratuíto. Foi posible grazas a unha modificación puntual do PXOM e un convenio coa empresa propietaria.
A antiga finca da Coca-Cola, no concello de Poio, xa é un novo estacionamento libre e gratuíto. Trátase dunha parcela de 6.000 metros cadrados que xa poden utilizar os veciños para estacionar, despois de que o goberno local habilitara 150 novas prazas.
Nas últimas semanas realizáronse tarefas de acondicionamento e limpeza e mellora do firme. Ademais, nos vindeiros días rematarse coa instalación de puntos de luz. A parcela levaba máis de 15 anos sen uso.
Para darlle este novo uso, foi precisa unha modificación puntual do PXOM e a sinatura dun convenio coa empresa propietaria dos terreos. Unha iniciativa chamada a dar resposta ao importante problema de aparcadoiro que existe nesta zona.
A intención era que o aparcadoiro estivera dispoñible antes pero o mal tempo das últimas semanas retrasou as tarefas de posta a punto da parcela.