Luis Bello achega a Noia a mostra fotográfica ‘Pasaporte a Latinoamérica’

NOIA> A casa de cultura Avilés de Taramancos acollerá este próximo venres, ás oito da tarde, o acto de inauguración da exposición fotográfica ‘Pasaporte a Latinoamérica’, de Luis Bello. A mostra, realizada por este artista noiés, gañador dun premio Emmy, rende unha homenaxe á inmigración e á diversidade.

A poucos días da inauguración, o autor, Luís Bello, supervisaba coa técnica de Cultura os últimos detalles da montaxe da exposición fotográfica ‘Pasaporte a Latinoamérica’, que a partir do próximo venres se poderá visitar na casa de cultura noiesa. Tódolos aspectos son importantes..non pode deixarse nada á improvisación..Afincado dende hai anos en Estados Unidos, o autor trata de enseñarnos nesta mostra multicultural, composta por unhas corenta instantáneas, o traballo realizado por el durante catro anos en diversos países de Latinoamérica.

Dende o Concello fan unha chamada á veciñanza a asistir ó acto inaugural desta mostra que se abrirá ó público este próximo venres a partir das oito da tarde, nun acto, no que ademais do autor estarán presentes representantes municipais e da asociación Agaela.

A exposición poderá visitarse na casa de Cultura noiesa ata finais de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí