A nadadora ribeirense María Vilas acada o seu pase ós Xogos de Río

    RIBEIRA> A nadadora ribeirense María Vilas conseguiu o seu pase ós Xogos Olímpicos de Río no Open de Primavera que se celebra en Sabadell. Despois dun mal arranque na proba dos oitocentos libre, disputada o sábado na que non acadou a mínima, a deportista do Club Natación Riveira conseguiu o segundo posto nos catrocentos estilos, proclamándose subcampioa de España, batendo mellor marca persoal e o récord galego. Pola contra, Ana Peleteiro acabou en decimo primeira posición nos Mundiais de Portand cun salto de trece con cincuenta e nove. Sen embargo, a atleta ribeirense ten por diante varias citas na tempada ó aire libre para facerse cunha praza nas Olimpiadas.