Rianxo acollerá este sábado a V Bandeira de Bateis Confraría Virxe do carme

RIANXO> A proba arrancará ás catro da tarde na dársena portuaria e reunirá a un total de catorce clubs da zona norte. Un total de catorce clubs da zona norte, entre os que se atopan Mugardos, Cabo de Cruz ou Castropol, daranse cita este próximo sábado en Rianxo para disputar a quinta edición da de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme. A proba reunirá a máis de catrocentos remeiros sumando tódalas categorías. Dende o concello, outra das entidades que xunto a Confraría patrocinan esta regata, destacaron a importancia desta proba, xa un clásico dentro do calendario deportivo rianxeiro. Dende a organización quixeron tamén agradecer a colaboración da Confraría, do Concello e das empresas patrocinadoras, xa que sen a súa axuda sería imposible poder levala a cabo. O remate da proba está previsto ó redor das seis e media da tarde, momento no que se procederá á entrega da bandeira ó club gañador, e se realizará a entrega de trofeos para os primeiros clasificados e medallas para os participantes nas categorías de base.