O domingo 21, desfile de Entroido en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> En Vilagarcía haberá desfile de disfraces e carrozas e será o próximo domingo día 21. A concellería de cultura decidiu finalmente celebrar o evento ante as boas previsións da vindeira fin de semana e despois de ter que aprazalo en dúas ocasións polos temporais. Mantense horario, punto de saída e percorrido. É dicir, ás cinco da tarde, da rúa Alexandre Bóveda.