RIBADUMIA> Ribadumia celebrará a súa primeira ciclocros concello de Ribadumia. A proba terá lugar o día 28 e nela participarán máis de 300 ciclistas. A competición será puntuable para a copa Galicia.
A pesar de ter poucos anos de vida, o club ciclismo de Ribadumia estase convertendo nunha referencia a nivel autonómico. Dentro do crecemento deste club, este ano darán un paso máis coa celebración da primeira ciclocros Ribadumia. Un evento que reunirá o día 28 a máis de trescentos ciclista para competir nun circuíto de tres quilómetros polo centro da vila.
A competición será puntuable para a copa de Galicia. Concretamente, será a décimo terceira proba das 17 do calendario. Un cita importante para a pelexa polos títulos.
A proba conta co apoio do concello de Ribadumia, destacando as tarefas da concellería de deportes, e da deputación de Pontevedra. Para as administracións é unha oportunidade para potenciar o deporte e a economía local.
A proba dividirase en 15 categorías, dende cadetes ata máster 60, tanto en masculino como en feminino. A proba comezará e rematará na contorna da casa da cultura de Ribadumia.