VILAGARCIA> Upta e o concello de Vilagarcía presentan o proxecto Avanza Comercio. Un plan para crear unha aplicación na que poder mercar os produtos dos comercios, da hostalería e incluso dos praceiros da vila con envío a domicilio. Deste xeito, os clientes poderían mercar dende as súas casas e recibir os produtos en menos de dúas horas, e os negocios vense beneficiados ante o avance das vendas online das grandes plataformas.
Upta e o concello de Vilagarcía alíanse para potenciar e dinamizar os negocios da vila. Ambas entidades presentaron o proxecto Avanza Comercio. Un plan que consiste en crear unha aplicación na que poder mercar os produtos dos comercios, da hostalería e incluso dos praceiros da vila con envío a domicilio.
O proxecto beneficiaria ao consumir, xa que recibe o produto en menos de dúas horas, e aos comercios, que se enfrontarían as vendas masivas online das grandes plataformas.
O Avanza Comercio ten beneficios como axudar á economía circular e o coidado do medio ambiente.
Concello e Upta están mantendo reunións cos autónomos e as súas respectivas asociacións para buscar que o máximo posible de negocios se sumen ao Activa Comercio.
O seguinte paso para que o Activa Comercio sexa unha realidade é pechar adhesión dos máximos negocios posibles. Unha vez realizado esta parte, será o concello o que se encargue poñer o proxecto en funcionamento a través dos diferentes mecanismos de contracción municipais.