O concello de Rianxo será anfitrión dunha feira ecolóxica

    RIANXO> Os Foros Ecolóxicos do Barbanza sacan de novo os ‘Sachos á rúa’, na súa segunda feira que se desenvolverá no concello de Rianxo. Mañá, 30 de agosto, o campo de Arriba será escaparate de gran variedade de produtos das nosas hortas. Ademais de facer unha compra ecolóxica, poderemos degustar pratos vexetarianos de Porto do Son, cervexa artesá de Lousame ou probar cosméticos e xabóns naturais. A xornada estará amenizada por música tradicional e tamén polas demostracións que realizarán os diversos artesáns. O obxectivo desta iniciativa é potenciar o mercado local e promocionar o consumo de alimentos libres de agrotóxicos.