Sanxenxo a La Modé amosa a moda da nova tempada

    SANXENXO> Chega a nova tempada e con ela a necesidade de reformar o noso armario cas últimas tendencias. Esta fin de semana coñecemos o último para estar o último este inverno ca pasarela Sanxenxo a La Modé.

    O desfile de moda de Sanxenxo a La Modé presentou esta fin de semana na vila sanxenxina os must have, os imprescindibles para estar a moda na vindeira temporada de outono-inverno. Sobre a pasarela de Sanxenxo a La Modé puidemos ver propostas para tódolos públicos, non só de moda, senón tamén de peitados, complementos e mesmo accesorios para o fogar. Entre as tendencias máis novidosas encontramos o uso de encaixa de bolillos nas prendas de vestir. Poderán ver unha completa reportaxe de Sanxenxo a la Modé no programa desta casa Verán Verán deste venres á noite. De feito, a nosa compañeira Reyes Cabero foi tamén a copresentadora deste desfile.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/reyesfernando.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/desfile_moda.mp4{/flowplayer}