Ingresa en prisión a muller que agrediu a outra en Vilagarcía

    VILAGARCÍA > Dous sucesos conmocionaron a dous concellos do Salnés. Un tivo lugar en Vilanova onde varios menores destrozaron mobiliario urbán e o outro en Vilagarcía onde unha muller feriu cun coitelo a súa ex-sogra e a outra muller no barrio da Lomba.

    Todo aconteceu nunha casa da zona da Lomba,  en Vilagarcía, ó lado do centro escolar. Ata alí se achegou unha muller con pasamontañas e un coitelo de 40 centímetros que chamou á porta e agrediu á empregada do fogar. Na súa axuda acudiu a dona da casa que tamén resultou ferida. As dúas foron tratadas no Hospital do Salnés anque o seu estado non revestía gravidade. Inmediatamente tódalas sospeitas recaeron na ex nora da traballadora, que, ó saberse buscada, entregouse voluntariamente á policía. Hoxe prestou declaración ante o xuíz que decretou o seu ingreso en prisión.

    Por outra banda en Vilanova foron identificados os causantes dos destrozos sufridos a pasada fin de semana no casco urbán do municipio. Pintadas na praza de abastos, baias publicitarias rotas, focos de luz inservibles e destrozos en varios establecementos foron algunhas das consecuencias da súa actuación. Os autores foron xa identificados para sorpresa de moitos, xa que se trata de seis menores de coñecidas familias de Vilanova. O alcalde mostraba hoxe o seu asombro ante sucesos coma éste que alteran a habitual tranquilidade do concello.

    Redacción Salnés