LOUSAME> Iago Abeledo e Olalla Conde proclamáronse gañadores da quinta edición do Trail San Silvestre de Lousame. Na carreira curta alzáronse con título Rubén Martínez, que repetiu vitoria, e Verónica Calvo.
A chuvia foi a gran protagonista do V Trail San Silvestre de Lousame desenvolvido este domingo. Sen dúbida, a climatoloxía condicionou a proba dende o seu inicio posto que moitos dos cincocentos atletas inscritos non se presentaron e outros abandonaron durante a carreira. Tan só 289 conseguiron chegar á meta. Entre eles, os gañadores Iago Abeledo do CDM Xesteiras e a independente Olalla Conde.
Ante o mal estado do terreo e a densa néboa, a organización optou por acurtar o percorrido da proba longa en preto dun quilómerto eliminando a subida ó monte Iroite Aínda así, durante a carreira, os efectivos de rortección Civil de Lousame e da Cruz Vermella de Noia tiveron que asistir a varios corredores por caídas xa que o terreo estaba enlamado e moi esvaradío. Foi o caso de Elpidio Gómez, campión e subcampión das anteriores edicións, que tivo que abandonar no quilómetro dez por unha lesión. No trail curto repetiu vitoria Rubén Martínez do Club Atektismno Negreira e Verónica Calvo do Tribu Trail.