RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira volve sortear mil euros como premio estrela da campaña do Día da Nai. Repartiranse ademais outros agasallos como ceas e vales para compra ou gasolina.
Medio cento de establecementos participarán na Campaña do Día da Nai que pon en marcha a Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración co concello dende o próximo luns. O premio principal será un cheque de mil euros para gastar nun só día aínda que se sortearán tamén outros agasallos.
Como en anteriores edicións, durante toda a xornada circulará polo centro da vila o tren infantil aínda que desta volta será imprescindible presentar un ticket de compra para subir. Para facilitar as compras, a asociación repartirá cinco mil tickets de aparcadoiro gratuíto entre os clientes que dispoñen ademais doutras opcións para estacionar en pleno centro da vila.
A alcaldes anunciou ademais que o concello está a traballar en novas iniciativas para dinamizar as rúas comerciais e fortalecer o tecido económico que serán presentadas nos próximos días.











