POBRA> As actuacións máis importantes serán o acondicionamento da travesía da rúa Venecia e a mellora das dúas marxes do río Lérez na aldea da Raña. O alcalde, Isaac Maceiras, informou de que a vindeira semana darán comezo diversas obras de mellora de servizos e infraestruturas por un valor de preto dos 400 mil euros. Unha delas será o acondicionamento da travesía da rúa Venecia. Unha actuación incluída no Plan DTC93 da Deputación da Coruña cun presuposto de 219 mil euros, dos cale so organismo provincial achegará uns 127 mil e a cantidade restante deberás er asumida polas arcas municipais. Outra da sobras que está previsto executa rde inmediato será o acondicionamento das marxes do río Lérez na aldea da Raña. Esta actuación, cun orzamento de máis de 74 mil eruos, será sufragada a trvés do Fondo de Compensación Ambiental da consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza. Ademais destas actuacións tamén se realizará a substitución do alumeado nas rúas da Paz e Gasset por un importe de preto dos 60 mil euros, froito dunha subvención coa Axencia de Turismo de Galicia, co fin de reducir o consumo e a contaminación lumínica.
Inicio A Pobra