RIANXO> Na xuntanza mantida hai uns días co presidente de Portos de Galicia José Antonio Álvarez abordáronse diferentes temas de interese para o municipio.
Se cadra un dos máis importantes foi avaliar a proposta definitiva para a reversión dos terreos declarados innecesarios para a actividade portuaria no municipio, como é o caso dos xardíns do Paseo da Ribeira e a dársena de Setefogas.
No encontro de traballo tamén se analizaron diversas actuacións de mellora e mantemento aínda pendentes neste porto, como é o caso da pavimentación dos firmes e a mellora da sinalización, así como a renovación das luminarias do peirao por LED con sistema de control telemático cun investimento de preto de 106 mil euros.











