Oito dos doce falecidos nas estradas de Pontevedra neste 2024 eran ‘usuarios vulnerables’

PONTEVEDRA> O 2024 non está a ser un bo ano nas estradas da provincia de Pontevedra. Dende a Subdelegación sinalan que se está a rexistrar unha repunta da mortaldade: doce persoas perderon a vida nestes primeiros cinco meses. Deles, 8, un 66%, eran usuarios vulnerables. Precisamente a eles vai dirixida a nova campaña posta en marcha pola DXT na estradas convencionais de Galicia.

O 2024 non está a ser un bo ano nas estradas da provincia de Pontevedra. Nestes primeiros meses xa son 12 as persoas que perderon a vida na rede viaria pontevedresa.

A cifra supón un crecemento importante respecto dos datos medios dos últimos anos. Ademais, o 66% das persoas falecidas, 8 das 12, eran usuarios vulnerables: catro motoristas, dous usuarios de ciclomotor e dous peóns.

Precisamente é aos usuarios vulnerables das estradas convencionais aos que se dirixe a campaña posta en marcha pola DXT en Galicia. Estará operativa ata o vindeiro domingo, 12 de maio.

Dende a Subdelegación sinalan tamén que dous de cada tres falecementos se produciron en estradas autonómicas.