Pontevedra únese á festa do pádel no mes de xuño co Galicia Pádel Másters

PONTEVEDRA> O pádel súmase á lista de deportes que escollen Pontevedra como escenario para algunha das súas competicións. Do 24 ao 30 de xuño a cidade entrará no circuíto internacional A1 Pádel co Galicia Pádel Másters. Un evento deportivo de primeiro nivel que se completará con relatorios, concertos e mesmo un torneo amateur.

Do 24 ao 30 de xuño pasarán polo Pavillón Municipal dos Deportes algunhas das principais figuras do pádel mundial. A cidade entrará co Galicia Pádel Masters no circuíto internacional A1 Pádel.

O pavillón acollerá a pista principal. Pero o torneo completarase con actividades paralelas. No Recinto Feiral instalaranse tres pistas máis para os adestramentos e un torneo amateur. Ademais, haberá varias charlas.

O venres 28 celebraranse no exterior do Recinto Feiral os concertos de Celtas Cortos, La Frontera e La Guardia. E no aparcadoiro instalarase unha zona de foodtrucks ambientada con música.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí