A Xunta de Goberno aproba unha nova inspección do IAE

Pontevedra> O concello de Pontevedra loita contra o fraudo fiscal cunha nova inspección do Imposto de Actividades Económicas. A Xunta de Goberno Local adxudicou o traballo a Noroeste Local que terá 22 meses para facelo e percibirá o 16 por cento do recadado. A Xunta de Goberno Local ven de adxudicar unha asistencia técnica á empresa Noroeste Local para a realización dunha nova inspección do Imposto de Actividades Económicas, dando continuidade a unha actuación iniciada no ano 2013, e que ten repercutido dun xeito significativo e positivo nas arcas municipais. Noroeste desenvolverá o seu traballo durante 22 meses e a súa retribución irá en función do recadado. A xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ás axudas as ANPAS de Pontevedra para proxectos concretos por un importe de máis de 24 mil euros. Ademais o voceiro do Goberno Local tamén anunciou que Concello e Fanpa asinarán un convenio a catro anos para a realización de actividades lúdicas no Nadal e no verán por un importe de 55 mil euros. Unha xunta de Goberno que tamén decidiu non renovar o contrato nin autorizar ningunha sucesión da empresa que leva a cafetería da Praza da Liberdade, un espazo que leva tres anos sen abonar o canon ao Concello ao que lle debe máis de 106 mil euros.