‘O Fogar das Mulleres’ acusa ó concello de Boiro de non escoitar a súa versión no conflito do CIM

BOIRO> Novo capítulo do conflito entre a Asociación ‘O Fogar dos Mulleres’ e o concello de Boiro. O colectivo de usuarias do CIM que denunciaron trato vexatorio por parte dunha profesional do CIM emitiu un comunicado puntualizando as explicacións dadas polo goberno en relación ó expediente aberto a raíz das súas denuncias.

Tanto nunha rolda de prensa como no último pleno ordinario, o alcalde e a concelleira de Igualdade de Boiro, explicaron o procedemento iniciado a raíz das denuncias das mulleres usuarias do CIM que derivou na apertura dun expediente e a denuncia sobre as irregularidades na tramitación dos certificados de vítimas de violencia de xénero.

Agora, son as integrantes do Fogar das Mulleres as que queren explicar a súa versión nun comunicado no que puntualizan as explicacións dadas polo goberno municipal. Aclaran que nunca renunciaron por escrito ós servizos do CIM senón que, polo contrario, foron represaliadas véndose obrigadas a acudir ó de Ribeira.

Acusan ademais ó concello de non terse posto en contacto con elas dende que formularon a primeira das queixas polo que non se tivo en conta a súa versión dos feitos na investigación interna desenvolvida polo concello.

Inciden tamén nos problemas de saúde que están a padecer algunhas destas mulleres polo trato vexatorio . Por esta razón, piden ós membros do executivo que deixen de acusalas de mentir e de facer un circo a costa da súa vulnerabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí