A Deputación destina douscentos mil euros á mellora do campo de Louro

    MUROS> A Deputación da Coruña e o concello de Muros asinaron un convenio de colaboración para a mellora do campo de fútbol da Agra da Filgueira, en Louro. Os traballos contemplan a dotación de herba artificial así como a recollida de augas pluviais e da rede de subministro de auga para o rego do campo. Acometerase ademais a construción dun novo bordo de formigon e o pintado da superficie de xogo. A administración provincial destinará para estas obras 192.000 euros que supoñen o oitenta por cento do total da actuación presupostada en 240.000 euros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí