Medra a demanda de produtos para fortalecer o sistema inmune ante o coronavirus

NOIA> Dende  a declaración da pandemia polo coronavirus aumentaron as vendas de complementos vitamínicos para fortalecer o sistema inmune. Así nolo confirman no herbolario Mandrágora de Noia onde tamén están a rexistrar un incremento da demanda de produtos para a relaxación.

En tempos de pandemia semella que valoramos máis a saúde. No herbolario Mandrágora de Noia constataron, dende a súa reapertura, a alta demanda de suplementos e produtos para fortalecer o sistema inmune.

E ademais de mimar o corpo non hai que descoidar a mente. Tamén están a ter moita saída aqueles produtos para favorecer a relaxación ou axudar a conciliar o sono.

A pesar da baixadas das vendas durante a etapa de confinamento, esta emprendedora noiesa e o seu irmán reabriron o negocio con gran optimismo.

Pois que mellor consello que ese, pensar en positivo, e fortalecer a nosa saúde para estar mellor preparados ante futuros rebrotes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí